CulturaCulturaÚltima horaVídeos

“Amanezca” de Lucía Álvarez, natural de Río, mellor curta nacional e premio á igualdade na Mostra de Cine Bardem

Lucía Álvarez cos dous premios da Mostra de Cine Bardem./ Foto: Remedios Rodríguez.

 

Dous galardóns vén de conseguir a curtametraxe “Amanezca”, con guión e dirección de Lucía Álvarez, natural de Mouruás (San Xoán de Río), na XIII Mostra de Curtas da Asociación de Cine Bardem, celebrada do 11 ao 19 de novembro en Montalbán de Córdoba.

O traballo de Álvarez lograba o premio á mellor curtametraxe nacional e tamén o premio á igualdade de xénero Pilar Bardem. A gala de entrega de recoñecementos tiña lugar onte no Teatro de Montalbán. Lucía Álvarez amosábase “moi, moi feliz. É aínda máis emocionante con ese apelido” e expresaba do seu gran agradecemento.

 

 

“Amanezca” conta a historia de Rita, unha actriz que se enfronta ao reto de interpretar a Laurencia, protagonista da célebre obra teatral Fuenteovejuna, escrita por Lope de Vega e publicada en 1619. E mentres prepara este difícil papel, de súpeto, vive unha situación similar á dese personaxe, case catro séculos despois.

O filme está protagonizado por María Botto, foi realizado cun equipo 100% feminino e a súa banda sonora é de Rosa Torres-Pardo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button