Balance positivo da XIV Ruta de Pinchos “O Barco Vai de Viños”. Esta iniciativa, promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), o Concello do Barco e o Centro Comercial Aberto, volvía demostrar a súa capacidade para dinamizar o sector hostaleiro e atraer público, consolidándose como unha das citas gastronómicas máis importantes de Valdeorras.
“Esta edición foi un éxito rotundo tanto en participación como en calidade, cunha destacada implicación dos 34 establecementos participantes, 13 máis que na edición anterior e un total de pinchos superior o ano pasado situándose case nos 14.000 pinchos servidos o longo das datas de celebración da ruta”, segundo a organización que neste mércores 22 de xaneiro entregaba os premios aos establecementos premiados neste 2025, nun acto ao que asistía a concelleira de Comercio e Turimo do Barco Alba Rodríguez, o presidente do Barco CCA, Jacobo Arias e a vicepresidenta de AEVA, Pilar Pérez.
Nesta edición vendéronse 13.980 petiscos, “unha cifra que reflicte o grande éxito da iniciativa, tanto no ámbito da participación cidadá como no impacto económico para a hostalería local. A afluencia de público foi constante ao longo dos días da ruta, destacando o esforzo dos establecementos por ofrecer creacións innovadoras e de alta calidade”, aseguraba gratamente sorprendida a concelleira de Turismo na entrega de premios, agradecendo a participación dos locais e a asistencia do público.
O 1º Premio era para o Café Teatro Bajo 5 (Zona Godello) co pincho “Brioche con crujientes langostinos, salsas da casa, patacas palla e piparras”; o 2º Premio para Pulpería El Dorado (Zona Mencía) co pincho “El Dorado”; e o 3º Premio para Beer para Creer (Zona Mencía) co pincho “Tosta de cecina curada con mermelada de tempada caramelizada e queixo de cabra”.



Os responsables dos establecementos gañadores recibían morteiros de diferentes tamaños, pezas de artesanía en madeira elaboradas polo artista local Spoombini.
Premio redes sociais
O premio á fotografía compartida nas redes sociais co hashtag #vaideviños25 foi para Pepa Galán López, que recibía unha cesta de produtos da Tenda da Rita. Ao non poder recoller o premio persoalmente, era entregado a dúas familiares.
Sorteo de catro ceas
Ademias, durante o acto realizábase en direcro o sorteo de catro ceas para catro parellas en catro restaurantes. A do Pazo do Castro era para Marcos Vázquez; a do Fernando III para Cristina Rodríguez; a do Restaurante Piquiño para Juan Rivas; e a da Pulpería El Dorado para Joselin Vargas. Estes premios son posibles grazas ás achegas de Exclusivas Morales, Distribuciones Roca, Bodegas Berna, e Distribuciones Anger, que colaboraron activamente para premiar a fidelidade dos participantes.
A organización agradece o compromiso e dedicación dos establecementos participantes, que unha vez máis demostraron o seu talento e profesionalidade o que permite consolidar esta ruta como unha referencia no calendario gastronómico da comarca e un motor de dinamización para a hostalaría.