Segunda xornada festiva en Larouco. Do 5 ao 8 de setembro esta vila valdeorresa celebra a Virxe dos Remedios con moita música. Así na tarde deste 6 de setembro tiña lugar un novo pasarrúas, desta volta a cargo e Os Bregadiers, que percorrían co seu son Larouco.
Numerosas persoas desfrutaban da súa música dende a rúa ou ben sentados na terraza do Bar Irene, punto de partida deste percorrido festivo.
Fotos: Carlos G. Hervella.