OurenseÚltima hora

Amigos do Órgano “Un rato no tubo” celebra un concerto de primavera o día 30

Actuarán as artistas Marisol Mendive e Irma F. Alonso na Igrexa de Santa Eufemia
Marsiol Mendive será unha das dúas artistas do concerto de primavera.
Marsiol Mendive será unha das dúas artistas do concerto de primavera.

A Asociación Amigos do Órgano “Un rato no tubo”, de Ourense, programa para o vindeiro 30 o seu tradicional concerto de primavera. Nesta ocasión, as artistas encargadas de deleitar ao público cos sons deste instrumento serán Marisol Mendive Zabaldica e Irma Fernández Alonso.

O evento musical terá lugar na Igrexa de Santa Eufemia ás 20.15 horas e ten entrada de balde. As organistas interpretarán obras de célebres compositores como Bach, Vivaldi, Mozart ou Mendelssohn nun órgano a catro mans.

Artigos relacionados

Back to top button