ConcellosÚltima hora

Amistades Peligrosas, actuación estelar nas festas de Sobradelo

O concerto da chamativa parella musical será mañá, sábado 22 de abril, a partires da medianoite
Amistades Peligrosas en concerto. /Foto: Dolores Pérez.

O día grande das festas patronais de Sobradelo é o luns 24 de abril, festividade de Nosa Señora da Encarnación, pero o programa de actividades desenvolverase ao longo de toda a fin de semana, sendo a actuación estelar de Amistades Peligrosas e a instalación da pista de patinaxe durante unha semana, as dúas grandes apostas do Concello para este ano.

O programa arrancará mañá sábado día 22 en torno ás 10:30h. coa alborada e pasarrúas do grupo de gaitas Airiños da Portela que percorrerán todos e cada un dos rincóns de Sobradelo anunciando o comezo dos festexos, con parada especialmente prolongada no interior do xeriátrico. Xa pola tarde, en torno ás 21h. comezará o baile a cargo da orquestra La Favorita que presenta en Sobradelo a nova formación. E xa a partires da medianoite comezará a actuación estelar das festas da man de Amistades Peligrosas, o dúo formado por Cristina del Valle e Manu Garzón que subirán a temperatura, sendo un gran reclamo para a xuventude de toda a contorna.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button