DeportesNataciónÚltima hora

Amparo Rodríguez (C. Natación Valdeorras), prata nos 800 libres no galego máster de fondo

Para esta competición tamén tiña mínima o seu compañeiro de club Francisco Rodríguez, que rozaba o podio ao quedar cuarto nos 1.500

 

Os nadadores do Club Natación Valdeorras participaban nese domingo 9 de marzo no Campionato Gallego Máster de fondo nas Pontes. En concreto era dous os nosos nadadores valdeorrés con mínima para poder participar: Amparo Rodriguez de Dios nos 800 libres e Francisco Rodríguez Basanta nos 1.500.

 

 

“Ambos fixérono moi ben nas súas respectivas categorías. Amparo quedaba segunda e, por tanto era medalla de prata e Francisco situábase cuarto. Ambos melloraban súas marcas persoais”, tal e como se destaca dende o Club Natación Valdeorras.

Fotos: Club Natación Valdeorras.

 

Back to top button