DeportesÚltima hora

Andaina nocturna Os Mouchos, o 15 de xullo no Barco

O punto de encontro desta marcha, organizada polo Club Pena Trevinca, será o Malecón ás 23h.

Imaxe dunha edición anterior desta andaina./ Foto: Alba Prada.

 

O Paseo do Malecón será o punto de encontro dos participantes na 12+1 Andaina Popular Os Mouchos, cuxo inicio está previsto para as 23h. da noite do 15 de xullo no Barco. Como en edicións anteriores, manterá un percorrido por zonas limítrofes da vila, cun circuíto duns 8,5 km e cun desnivel positivo de 300.

A inscrición é de balde, pero obrigatoria e pode facerse ata o 14 de xullo no formulario posto na web www.clubtrevincabarco.org.

Esta iniciativa, que acostuma ter unha gran participación e con camiñantes de diferentes idades, está promovida polo Club Peña Trevinca do Barco. Esta é unha das actividades que se inclúen no calendario deportivo deste verán no municipio do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button