A RúaConcellosÚltima hora

Andaina para coñecer “As Pinguelas” (A Rúa), o 27 de novembro ás 16 horas

 

Continúan as propostas para coñecer os “Segredos de Valdeorras”, mesturando historia, cultura e viticultura. Desta volta trátase dunha andaina duns 2 quilómetros prevista para o sábado 27 de novembro, que partirá ás 16 horas da praza César Conti, para coñecer un pouco máis sobre a historia da Rúa Vella.

Ao longo do percorrido, os asistentes escoitarán historias de como foi o paso dos franceses por estas terras ou como “nunha noite de inverno foi trasladada a casa consistorial desta localidade”, visitando ademais o lugar das Pinguelas coas últimas follas do outono e rematando a ruta catando viños na Adega Melillas.

A actividade é gratuíta con prazas limitadas que deben reservarse na Oficina de Turismo Valdeorras da Rúa ou no teléfono: 624 40 18 00.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button