DeportesÚltima hora

Andaina polas terras de Quiroga da man da Asociación de Amigos do Camiño por Valdeorras

A ruta Torrenovaes-Hospital-A Ermida farase este venres 12 de outubro
Participantes nunha andaina.

Despois dunha paréntese durante os meses de verán, dende a Asociación de Amigos do Camiño por Valdeorras retoman as actividades do calendario programado para este ano. A primeira, prevista para este venres 12 de outubro (festivo nacional), é a andaina que levará aos participantes polas terras de Quiroga por unha ruta duns 7 quilómetros. A saída, en coches, está prevista para as 9h. dende a praza do Concello da Rúa ata a explanada do Castelo de Torrenovaes, dende onde comezará a andaina ata Hospital e A Ermida. O prazo para apuntarse (chamando ao 616 124 521remata mañá día 10.

A seguinte actividade está prevista para o 27 de outubro. Trátase dunha andaina dende o Malecón do Barco ata O Bañadoiro en Vilamarín (con traslado en autocar ata a Rúa para xantar) que compartirán coa asociación de A.P.E.C-S.A.

Artigos relacionados

Back to top button