BoxeoDeportesÚltima horaVídeos

Andi Canosa logra en Vilamartín o título MFC de MMA profesional tras vencer por KO a Diego Infante

 

Partía como favorito e non defraudaba. Na noite do sábado 24 de febreiro o valdeorrés Andi Canosa (Graíño Team O Barco) facíase co título MFC de MMA profesional tras vencer por KO no primeiro asalto ao catalán Diego Infante (Green Brothers de Reus).

 

 

O combate de MMA profesional -67kg pechaba a velada de loita en xaula que se celebraba no Hotel e Eventos Paladium, en Vilamartín de Valdeorras, da man do Mamba K1 Club de Ponferrada coa colaboración do Club Kickboxing Valdeorras á que asistía numeroso público entre eles o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez.

 

 

Ademais de MMA, a velada incluía combates de K1, Muay Thai e Grappling, tanto amateur como profesional, masculinos e femininos, con loitadores chegados dende diferentes zonas de España e Portugal.  Por parte do Graíño Team, ademais de Andi participaba Javier Carriba (Superfight de Grappling) e Felipe Morales (MMA amateur).

 

 

Máis información na vindeira edición de O SIL Deportivo.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button