Mañá celebrarase a partir das 20 horas no pavillón vello do Barco de Valdeorras o MFC 044, unha nova edición da velada organizada por Mamba Figth en colaboración co Club Kickboxing Valdeorras que nesta ocasión será íntegro de MMA (Artes Marciais Mixtas): oito combates amateur e un combate profesional; ademais dunha Superfight de Grappling.

O prato forte da velada será o combate profesional en -68 kilos entre Andi Canosa (Graíño Team O Barco) e W. Lopes “Maré” (Portugal) que se pesaban na tarde deste venres 11 de abril nas instalacións de Valsport, no Barco.

Na velada, Andi disputará o seu segundo combate profesional, despois de vencer por KO na súa estrea en febreiro do ano pasado en Vilamartín de Valdeorras.
Fotos: Mónica G. Bellver



