
Bo resultado para o Club Adas Cupa tamén no Campionato de España Sub16 de pista cuberta que se celebraba neste domingo 8 de marzo en Salamanca.
Alí, o atleta Andrés Álvarez conseguía a 9ª posición na proba de salto de altura cunha marca de 1,72 “que é MMP”, segundo explica o responsable do club, Agustín González.