Tal e como estaba previsto, na tarde deste mércores 18 de decembro celebrábase na igrexa de Santa Rita no Barco, a Festa de Benvida ao Nadal. Unha celebración moi especial, que reunía a persoas de todas as idadese que comezaba coa iluminación do exterior e do interior da igrexa e da bendición do nacemento, instalado nesta ocasión no lateral esquerdo do altar dende onde o párroco, Jesús Álvarez, presentaba ao pregoeiro do Nadal do Barco, o alcalde de Puente de Domingo Flórez Julio Arias, quen na sua intervención, breve e concisa, destacaba o que para el significa o Nadal “a celebración do mellor agasallo que nos fixo Deus, o nacemento do seu fillo”.
De seguido e tras entregar un agasallo ao pregoeiro, o párroco daba paso ao festival de panxoliñas, que abrían o grupo de nenos de Catequese que, perfectamente uniformados bailaban cunha orixinal coreografía. Minutos despois era a comunidade educativa do Colexio Pluriligüe Divina Pastora a que actuaba, con alumnos, pais e avós de forma conxunta, interpretando tres pezas.
Collía o relevo o Coro de Rubiá que adicaba un dos dous villancicos que interpretaba ao seu ex parroco Daniel Pérez; continuando o festival o Coro de San Mauro e o das parroquias de Puente de Domingo Flórez, Quereño e Sala de La Ribera incluíndo este último unha performance. O broche a unha hora de animada música navideña poñíao o Coro Santa Rita.


Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.



