En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Animada Festa da Familia na residencia Nª Sra. de Fátima, na Rúa

Os usuarios e familiares desfrutaron dunha entretida tarde con moita música, bailes e teatro

Coreografías, actuacións musicais, teatro, concurso de bailes e merenda. Á IV edición da Festa da Familia celebrada na tarde do 26 de outubro na Residencia Nª Señora de Fátima (A Rúa), non lle faltou detalle.

Presentada por Rosa Pérez e organizada polos traballadores do centro en colaboración co Club Patatero, a celebración estivo moi animada e concurrida, reunindo ao redor de cada a actuación aos maiores residentes, a familiares, a nenos e mozos veciños da vila e doutros concellos como O Bolo ou Viana, e aos propios traballadores.

O programa arrancaba cunha exhibición a cargo do grupo de bailes afrolatinos Valdebierzo e de seguido eran as traballadoras do centro as que sorprendían ao público bailando a Macarena. De seguido, a xove ruesa Fátima Pérez interpretaba ao piano a Balada de Adeline, antes de que o escenario se convertera na “Consulta de Melquiades”, obra de teatro interpretada por membros do Club Patatero do Bolo.

O baile regresaba da man dun grupo de estudantes do Pablo VI co tema Yo ya no quiero ná, dando paso a un divertido concurso por parellas co acompañamento musical dun grupo de gaitas do Bolo.

No programa tampouco faltaron os animados cantos de taberna a cargo do grupo os Tabernícolas de Viana do Bolo, nin a merenda con todo tipo de petiscos e doces, amenizada polo grupo de música tradicional Abertal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button