DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Animada II edición da BTT Trevinca-Desafío Starlight

Preto de 200 ciclistas participaron na ruta polo municipio da Veiga

Unha ruta curta de 35 quilómetros, unha media de 55 quilómetros e unha longa de 75 quilómetros “o gran Desafío Starlight” con corte para os niveis máis esixentes. Son as tres opcións que ofrecía a II BTT Trevinca-Dasafío Starlight, a carreira en bicicleta de montaña polas fermosas paraxes do municipio da Veiga celebrado na mañá do 2 de setembro.

Para as nove e media da mañá estaba prevista a saída, na praza do Concello, e alí se deron os preto de 200 participantes chegados dende diferentes partes da comarca de Valdeorras e doutros puntos de Galicia (Betanzos, Ferrol, Monforte) e mesmo do Bierzo, Villafranca ou Astorga. Había moitos ciclistas independentes pero outros moitos defendían camisetas de clubs como o Tres Lunas Valdeorras, o Komando Trasnos, os Jabalíes da BTT da Rúa, CC Valdeorras ou os Águilas Verdes de Rubiá, por citar os da comarca.

Con respecto aos resultados, a falta da clasificación final e segundo facía público a organización, no alto do podio masculino do Desafío, colocábase Alberto Alanís do Burgas Coluer. Segundo era Jose Cavero do Astorga Ciclyng e terceiro Iván Ochoa tamén do Astorga Ciclyng.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button