O Barco de Valdeorras está en festas. Malia a persistente chuvia que caeu ao longo de toda a mañá, a tarde deste sábado 18 de maio quedaba bastante tranquila e a xente animábase a desfrutar das Festas de Santa Rita que comezaban onte e estenderanse ata o día grande, o mércores 22 de maio.
Hoxe pola mañá había pasarrúa da charanga Los Bercianos e xa pola tarde a primeira xornada do 16º Gran Premio Vila do Barco de tiro ao prato. O baile, en sesión de tarde e vebena corre por conta do grupo Claxxon.
Coma sempre, numerosos postos esténdense ao longo do paseo do Malecón ata o campo da festa e máis aló ata a zona de atraccións, chea de xente, sobre todo mocidade e cativos cos familiares.
Mañá, domingo 19 de maio, será a orquestra La Ola a que amenice a festa en sesión de tarde e verbena.
Fotos: Mónica G. Bellver.




