CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Animadas festas as celebradas esta fin de semana en Raigada (Manzaneda)

A comisión organizou dous días de festexos na honra a Santa María Magdalena

Moitos son os pobos galegos que celebraban na fin de semana do 21 e 22 de xullo, as festas na honra a Santa María Magdalena. Un deles é Raigada (Manzaneda), onde os veciños desfrutaban dunha concurrida e moi animada celebración.

Como en toda festa patronal que se precie, non faltaron os cultos, con misa e procesión amenizada musicalmente polos Bertolini (con acompañamento extra do son das cunchas da man do presidente da comisión de festas); pero tampouco o baile, a cargo dos propios Bertolini e das orquestras Superfama e Limón.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button