En portadaÚltima horaVídeos

Animado concerto de Tanxugueiras no Barco de Valdeorras

 

Prometían calidade e festa, e non defraudaron. Dous días despois de actuar en exclusiva para os alumnos do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán por un programa de Política Lingüística, Tanxugueiras conquistaba ao público barquense.

Nunha carpa abarrotada de xente (mantendo o aforo permitido), as cantareiras do século XXI daban un esperado concerto (quedara aprazado dende O Cristo), no marco dos actos de celebración do San Martiño, no que facían un percorrido polos seus dous traballos discográficos.

 

 

Así, ao longo de máis dunha hora e media foron mesturando ritmos tradicionais, e outros non tanto, con letras que falan do amor, do desamor e de recordos e ata da liberdade e mesmo do empoderamento feminino. Dende muiñeiras ata conexións con rexistros como pode ser o pop, o jazz ou o blues, Aida, Olaia e Sabela amosaron a súa forma de entender a música e de compartila coa xente.

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button