En portadaÚltima horaVídeos

Animado concerto indie de Cala Vento na noite do venres no SilFest Valdeorras

 

Catuxa Salom, Cala Vento, La Habitación Roja, Terbutalia e Hawkings DJs. Eran as propostas musicais da 8ª edición do SilFest Valdeorras paa a noite do venres 19 de xullo que enchían de ritmo e bo ambiente a praia fluvial do Malecón barquense.

 

 

Dende os sons máis tradicionais dos galegos Catuxa Salom, ao pop-rock da banda valenciana La Habitación Roja pasando polo indie de Cala Vento, ou o disco dos djs, seis horas de música que fixeron vibrar ao público.

 

 

Os segundos en subirse ao escenario principal do SilFest eran Juan Delgado e Aleix Turon, dous amigos ampurdenses que forman a banda Cala Vento que conta con catro discos de estudo: Cala Vento (BCore, 2016), Fruto Panorama (BCore, 2017), Balanceo (Montgrí, 2019) e Casa Linda (Montgrí, 2023;) e dous EP’s: Unos. Poco y Otros Tanto (BCore, 2015) e Canciones de sobra (BCore, 2018).

 

 

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button