En pleno castañal, día a día vanse sucedendo os magostos populares, uns de carácter municipal e outros máis veciñais. É o caso do magosto da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños que na tarde deste sábado 7 de novembro xuntaba a numerosos veciños nas antigas escolas da localidade, no concello do Barco de Valdeorras.
Coma sempre, ademais das castañas recén asadas, na merenda non faltaba o pan, viño e chourizos. Tampouco as cancións nin a tradición de pintar a cara aos asistentes cos tizóns ou o agradecemento por parte da asociación “a todas as persoas que nos acompañaron”.


Fotos e vídeos cedidos.