SanidadeÚltima hora

Antía Fernández: “O leite materno é un fluído vivo e imposible de copiar”

Esta enfermeira e nai impartía unha charla dentro da VII Semana da Lactación Materna do Barco

 

A lactancia é algo totalmente natural, pero que na sociedade occidental vese como algo raro e mesmo con certo temor. “É que, ¿é tan difícil amamantar?”, preguntábase a enfermeira e nai barquense Antía Fernández Gómez ao inicio da charla “Mitos e realidades sobre a lactación materna”, que impartía na tarde do 10 de outubro no marco da VII Semana da Lactación Materna do Barco, que promove a Asociación De Nai a Nai.

Na conferencia esta enfermeira destacaba a singularidade e valor do leite materno que “é un fluído vivo e imposible de copiar, que varía ao longo do tempo e que en cada toma é diferente”. Tamén indicaba que o primeiro leite que sae do peito é o calostro, que “é de fácil dixestión, contén altos niveis de anticorpos, posúe efecto laxante (meconio) e contén proteínas, vitaminas e minerais”.

Antía Fernández resaltaba que “o 90% dos problemas que se dan na lactancia débense a un mal agarre” e, seguidamente, aportaba os indicadores dun do agarre, así como a importancia de atender aos sinais temperás que indican que o bebé ten fame, “sempre hai que facerlles caso”.

E, ademais, detallaba os problemas dun mal agarre na lactancia, como poden ser as fisuras, a dor, un baleirado insuficiente do peito, etc. Explicando seguidamente como actuar ante eles.

Por outa banda, tamén explicaba e amosaba, entre outras cuestións, cales son as posturas para realizar , tanto sentada como deitada, unha adecuada lactancia.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button