O grupo de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense loce músculo coa súa canteira de 3º de Primaria, limpando a Pista Vermella de Barros Sibelo e as rúas Doutor Temes e Noriega Varela que quedaron niqueladas sen unha soa cabicha nin botellas ou latas. “Dentro da campaña O mar empeza aquí, os Ecovixiantes actúan concienciando á cidadanía do perigo que supón unha cabicha que chegue á auga”, explica o profesor Gonzalo Sánchez.
Dentro do programa que realizaron durante tantos anos Recíclate con Sogama, recibiron unha mochila ademais de practicar hábitos de vida saudable xogando ao fútbol e ao voley.
Concurso Que é un Rei para ti?
Antón Rodríguez Dorrego e Elena Bermejo Yebra de 2º ESO do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, son os dous finalistas na 44ª edición do Concurso Que é un Rei para ti?
A comezos do mes de xuño recibirán o seu premio e “saberemos se é o alumno/ alumna que represente a Galicia na Audiencia coa Súa Maxestade Felipe VI”, di o profesor Gonzalo Sánchez.

Fotos cedidas.