ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Ao ritmo da orquestra nas Festas de Carballeda

O día grande dos festexos na honra á Virxe do Carballal houbo procesión, misa e baile

Ao son da orquestra Combo Real, os veciños de Carballeda celebraban a fesa na honra á Virxe do Carballal, na tarde-noite do 8 de setembro. Nun momento do baile e para implicar ao público e demostrar as súas dotes musicais, membros da numerosa orquestra baixaban do escenario cos instrumentos para tocar a pé de rúa.

Tamén durante a festa, a comisión entregaba os trofeos aos gañadores do concurso de baile, unha das tradicións desta celebración en torno á figura da imaxe que se conserva na ermida do Carballal, no cume da montaña. Ata alí se desprazaban os fieis pola mañá para asistir á procesión e posterior eucaristía. E facíano a través dunha pista recén asfaltada, obra promovida pola comunidade de montes e levada a cabo grazas á intervención da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mª Carmen González Quintela, coa colaboración das empresas louseiras con explotacións neses montes.

O programa de festas incluíu asemade actividades para os nenos, xogo de bolos e sesión vermú.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button