CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Ao ritmo do Folión do Zampón polo Malecón do Barco

 

Animación de rúa para nenos e maiores na tarde deste Luns de Entroido no Barco. Entre pompas de xabón, música e baile o “Folión do Zampón” percorría o Malecón do Barco. A comitiva da compañía Fantoches Baj, encabezada por un xigante, estaba formada tamén por músicos e por outros personaxes como un policía en bicicleta que facía soar o seu chifre ou outro nun velocíclope rosa.

Esta actuación forma parte da programación do Entroido do Barco, que continuará mañá cun pasarrúas a partir das 17h. coa charanga Unión Phenosa e con Airiños de Caldelas.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button