En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Aparece morto en Vilamartín un veciño do Barco que desaparecera o luns

O operativo de búsqueda atopábao á beira do río Sil no concello de Vilamartín

O corpo sen vida dun veciño do Barco, de 42 anos, desaparecido dende o luns era atopado a primeira hora da mañá do mércores 21 de xuño na beira do Sil, no municipio de Vilamartín. Era unha zona na que acostumaba acudir a pescar.

O operativo de búsqueda (no que participaban a Garda Civil, o GES e Protección Civil de Vilamartín) nesta zona comezaba na tarde de onte, segundo confirmaba o alcalde vilamartinés, Enrique Barreiro. “Onte ás oito da tarde recibimos aviso dende o GES do Barco de que esta persoa desaparecera e iniciamos un operativo de búsqueda, pero sen resultado. Hoxe ás oito e medida da mañá reanudábase por parte do GES do Barco, e en torno ás nove e media atopábase o cadaver”.

Para localizar a esta persoa desaparecida o GES do Barco recurría a unha piragua. O rexedor vilamartinés tamén apuntaba que se cre que o home, que sufría ataques epilépticos, puido caer e acabar no río.

Artigos relacionados

Back to top button