OurenseÚltima hora

Aparece o corpo sen vida dunha muller na beira do río Arenteiro, no Carballiño

 

No mediodía deste martes 7 de novembro aparecía o corpo sen vida “dunha muller de avanzada idade a uns 20 metros da beira do río Arenteiro, no Carballiño”, tal como aseguran dende o 112 Galicia.

Segundo os datos facilitados polo 112, pasaban cinco minutos das 13 horas cando tiñan coñecemento do suceso mediante unha chamada de alerta da Policía Local. Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, activaron un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros do Carballiño, a Garda Civil e os membros de Protección Civil.

“Xa no punto, os servizos de emerxencia confirmaron que se trataba dunha muller de avanzada idade, e que as primeiras hipóteses apuntan a que o afogamento se debeu a unha caída accidental”, din dende o 112. Con todo, as forzas da orde seguen traballando para esclarecer os feitos.

Artigos relacionados

Back to top button