ConcellosRibadaviaÚltima hora

Aparece o corpo sen vida dunha persoa no encoro de Ventosela, en Ribadavia

 

Na tarde do domingo 8 de febreiro aparecía o corpo sen vida dunha persoa no encoro de Ventosela, segundo indican dende o 112 Galicia.

Dende o centro de emerxencias explican que, contra as 18:30 horas “os membros do GES de Ribadavia avisaron, a través do 112, dun operativo de rescate dun cadáver na marxe do encoro de Ventosela, na mesma localidade ourensá”. Á súa chegada, o equipo de emerxencia “retirou o corpo e activáronse o protocolo de intervención médico- forense debido a que se descoñecen as causas”.

Desde o 112 Galicia, tamén solicitaban a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que “só puideron confirmar o falecemento”. Os axentes da Garda Civil contaron co apoio dos axentes da Policía Local.

Back to top button