OurenseÚltima hora

Aparece polo seu propio pé o octoxenario perdido na tardiña do domingo no Pereiro de Aguiar

 

Na mañá deste luns 10 de marzo aparecía, tras unha noite de busca, o octoxenario perdido no Pereiro de Aguiar. “Chegou case á porta da súa casa, situada en Outeiromeao”, indican dende o 112 Galicia que recibía a chamada da familia “na tardiña de onte porque lle perderan a pista nos arredores do domicilio do señor duns oitenta anos de idade e con doenzas previas”, din.

Despois do correspondente aviso á Garda Civil, dende o 112 activaban un operativo de busca, no que, ademais dos axentes, participaron membros dos GES de Pereiro de Aguiar e de Maceda.

“Coa chegada da madrugada, suspendeuse a busca con resultado negativo e co obxectivo de reactivarse nas primeiras horas do día”, explican dende o centro de emerxencias, indicando que “para hoxe estaba prevista a participación do equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), sen embargo, o señor aparece case fronte da súa casa pasadas as once desta mañá”. Deste xeito, suspendíase a intervención dos técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA e avisaban aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 “para unha revisión do afectado e o seu traslado ao Hospital de Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button