OurenseÚltima hora

Aposta por implantar na provincia o ciclo de técnico superior en formación para a mobilidade segura e sostible

A Deputación alíase coa Asociación de Autoescolas de Ourense para impulsar este tipo de ciclo

 

A Deputación de Ourense únese coa Asociación Provincial de Autoescuelas de Ourense para impulsar a implantación en Ourense do ciclo formativo de técnico superior en formación para a mobilidade segura e sostible. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, que xa avanzou esta liña de traballo no Debate sobre o estado da provincia do pasado 8 de novembro, reuníase recentemente no Pazo Provincial co presidente da entidade, Luis Novoa, para abordar os novos pasos a dar para favorecer a implantación deste ciclo en Ourense despois de que o goberno provincial, como sinalou o presidente, comprometérase “a asumir a interlocución directa coa Xunta de Galicia para reivindicar esta titulación”.

Despois deste encontro, no que tamén estivo presente o parlamentario José Luis Ferro e o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, Manuel Baltar sinala as repercusións positivas de acadar para Ourense un ciclo que “actualmente non existe en Galicia”, enmarcando esta reivindicación dentro da “nosa alianza con todo o tecido asociativo da provincia e da nosa aposta pola FP, con froitos tan evidente como a Centro de Innovación de FP ‘Eduardo Barreiros”.

 

 

“A Deputación súmase con toda a súa forza a esta proposta da Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense dentro de unha provincia que é, por dereito propio, a capital da Formación Profesional en Galicia”, destaca Manuel Baltar antes de avanzar que a Xunta de Goberno de mañá, luns 19 de decembro, aprobará un acordo de apoio á reivindicación desta entidade que será trasladado á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade.

Pola súa banda, dende a Asociación Provincial de Autoescolas de Ourense resaltan que esta titulación “é o futuro da formación viaria, una FP necesaria para exercer nos nosos centros de formación”. O título capacita para ser profesor de formación viaria, director de escolas particulares de condutores, formador de cursos de sensibilización e reeducación viaria, formador de mercadorías perigosas, profesor especialista CAP ou asesor en plans de mobilidade en entidades públicas ou privadas.

Luis Novoa destaca a importancia de acadar a implantación en Ourense desta FP, “que serviría para formar profesores e formadores de seguridade viaria para toda a comunidade autónoma”.

A asociación está conformada por 31 autoescolas de toda a provincia de Ourense, representando preto do 90% das autoescolas ourensáns. O obxectivo da entidade, explican, é “traballar polo sector da seguridade viaria na nosa provincia”, tendo actualmente entre os seus principais obxectivos a implantación desta titulación en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button