En Petín estaba xa todo preparado para a XI edición da Feira de 1812 que se ía celebrar na fin de semana do 7 ao 9 de xuño pero “moi ao noso pesar, pero vendo a previsión meteorolóxica vémonos na obrigación de aprazala para os días 21, 22 e 23 de Xuño, se nada o impide”.
Así o veñen de anunciar dende a Asociación Fonte Grande, adiantando que a Cea Popular será o venres día 21. “Todas aquelas persoas que compraran a entrada e non van poder asistir na nova data, poden pasar polo Concello e devolveráselle o importe da mesma”, aseguran, lembrando que segue aberto o prazo para comprar as entradas.