Esta fin de semana, 3 e 4 de xuño, Petín tiña previsto regresar ao século XIX coa celebración da X edición da Feira de 1812 que conmemora a Constitución de Cádiz, pero debido á mala previsión meteorolóxica para eses días, a organización decidía aprazala para os días 17 e 18 de xuño.
Como preámbulo, a cea popular será o venres 16 polo que dende a organización informan de que “todas aquelas persoas que compraran a entrada e que non poidan acudir ese día 16, poden pasar a entregala e recoller o diñeiro polo Concello de Petín”. Do mesmo xeito, recoñecen que igual eses días non chove “pero necesitamos empezar xa coas preparacións polo que non podemos arriscarnos e resulta inviable”.