
Dende hai unhas semanas, Expourense está a ser un dos puntos elixidos polo Sergas para levar a cabo a vacinación masiva dos ourensáns. A confirmación da intensificación desta campaña prevista para os vindeiros días, levou aos organizadores do Car Outlet Ourense á tomar a decisión de aprazar a terceira edición deste evento para darlle prioridade absoluta á vacinación.
ACAUTO e Expourense, entidades encargadas da organización do salón do automóvil previsto inicialmente para o a fin de semana do 7 ao 9 de maio, confirmaban o aprazamento na reunión mantida esta mañá en Expourense co delegado territorial da Xunta de Galicia e vicepresidente executivo da Fundación Expourense, Gabriel Alén.