ConcellosÚltima horaVilamartín

Arcos (Vilamartín) abre as festas de San Lourenzo coa inauguración do nome do pobo en lousa

Publicidade

 

Hai poucos lugares nos que os veciños presuman tanto de vila como en Arcos (Vilamartín de Valdeorras), localidade que celebra estes días as festas patronais na honra a San Lourenzo. Uns festexos que abrían na tarde do martes 9 de agosto da forma máis orixinal: inaugurando o nome do pobo con letras elaboradas en lousa.

 

 

Foi un acto comunitario no que non faltou a comida nin tampouco a música de gaitas, marcando así o inicio dun programa que celebra hoxe, 10 de agosto, o día principal. Ás 12 horas tiña lugar a procesión coa imaxe de San Lourenzo polo pobo seguida da eucaristía na igrexa parroquial e sesión vermú. Pola tarde haberá xogos para os nenos, e baile amenizado polo grupo Arizona en sesión de tarde e verbena.

 

 

Mañá tocará a orquestra Alma Latina e o venres será o turno do teatro a cargo do Grupo de Teatro de Arcos que presentará a obra ‘A Casa da Avoa’. Será ás 22 horas.

Aproveitando as datas, os veciños tamén decoraban as rúas con camisetas e panos de cores. Na galería podemos ver as colocadas polos ‘Andarines de Arcos’.

 

 

Fotos: Carlos López Gudiña.

Artigos relacionados

Back to top button