ConcellosÚltima horaVerín

Arde por completo a habitación dunha vivenda en Verín

 

Un incendio calcinaba por completo esta tarde unha habitación dunha vivenda de Verín sen causar danos persoais. Sucedía na rúa de San Antón desta vila minutos despois das 16:30 horas. “No lume ardeu por completo unha estancia do inmoble, mentres que o resto da casa quedou afectada polo fume”, segundo informa o 112 Galicia, que tivo constancia “a través da chamada dos Bombeiros de Verín. Estes, á súa vez, recibiran o aviso dun familiar da persoa que se atopaba na vivenda no momento dos feitos, que conseguiu saír ilesa ao exterior”.

Ademais dos Bombeiros, no operativo colaboraron os axentes da Garda Civil, e foron informados os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil municipal, segundo os datos feitos públicos polo 112 Galicia.

Unha vez no punto, e tras valorar a situación, os servizos de extinción procederon a apagar as lapas, que queimaron unha habitación por completo. O fume afectou ao resto da vivenda

Artigos relacionados

Back to top button