ConcellosÚltima hora

Arde unha casa en Santigoso (O Barco)

Publicidade

 

Arredor das 7:30h. desta mañá de 11 de decembro declarábase un incendio nunha casa en Santigoso (O Barco de Valdeorras). O lume queimaba por completo a vivenda e afectaba a outra lindeira, “sen que ningunha persoa resultase ferida”, segundo informa o 112 Galicia.

Dende CIAE 112 Galicia, que era alertado do incendio por un particular, dábase aviso aos  Bombeiros de Valdeorras, o GES Valdeorras e a Garda Civil.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros e GES de Valdeorras e da Garda Civil. “Os labores de extinción do lume e de retirada do entullo remataron ao fío das 12:00 horas”, citando tamén o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button