SanidadeÚltima horaVídeos

Armando González, un dos primeiros pacientes ingresados en Ourense por coronavirus, xa superou a enfermidade

É médico especialista do Servizo de Neumoloxía do CHUO

 

Por sorte non todo son malas novas dende o departamento de Comunicación do Sergas en Ourense. Na tarde do 27 de marzo, compartían nas redes sociais un vídeo no que Armando Gonzélez, médico especialista do Servizo de Neumoloxía, e un dos primeiros pacientes ingresados, para ser atendidos desta nova patoloxía en Ourense, enviaba unha mensaxe de ánimo dende casa, unha vez superada a súa enfermidade.

“A súa recuperación é unha mensaxe de esperanza nestes tempos de preocupación e de alegría para todos os seus compañeiros e compañeiras sanitarios que loitan polo resto de pacientes”, aseguran dende o Sergas animando a seguir na casa para parar o virus  “xuntos”.

O vídeo porde verse no seguinte enlace: https://www.facebook.com/ComSergasOU/

Artigos relacionados

Back to top button