Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Arranca a Semana Internacional do Baile en Ourense

90 dos mellores bailaríns do mundo imparten en Expourense e no Paco Paz masterclass de salsa, bachata, kizomba e outras disciplinas

Na tarde do 22 de xuño arrancaba no Paco Paz e Expourense, a Semana Internacional de Baile de Ourense nunha primeira xornada que reuniu a máis de 1.500 persoas.

Dentro do campionato de España de baile deportivo celebráronse en Expourense as rondas previas do campionato nacional de danza coreográfica no que participaron máis de 500 deportistas procedentes de 50 clubs de toda España. O pazo dos deportes Paco Paz acolleu a celebración do Trofeo nacional puntuable “Ourense, Provincia Termal” de estándar e latinos de distintas categorías no que participaron 25 parellas de todas as idades. A entrega de trofeos e medallas correu a cargo do asesor de deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.

Onte foi a primeira xornada clasificatoria dos distintos campionatos que se disputarán ao longo da fin de semana nos dous recintos e no que 247 parellas competirán por converterse en campiones de España nas distintas disciplinas.

Tamén arrancaba onte o I Congreso Internacional de Baile Social “Ourense provincia Termal” que reúne a 90 dos mellores bailaríns do mundo que están impartindo clases mestras a profesionais e afeccionados. Unhas destas clases é o “Bootcamp” impartido pola mexicana Karel Flores. Os alumnos deste obradoiro participarán o domingo na exhibición final xunto a outros artistas. O congreso incluíu asemade a exhicibión de baile a cargo de Eddie Torres e Maria Chiara, Instituto de la Salsa, Mambo Sins, Érick e Mónica, Mafalda e Alphonse, Johan Dedemadis, Nuno e Vanda, Claudio e Armanda Di Stazio; Afrolatin Conection, Curtis e Carola, Sabor a Fuego, Kiko e Cristina, Euphoria Dance Company, Korke y Judith, Mouaze e Ella, Sergio e Ana.

A de onte foi a xornada previa a unha intensa fin de semana na que 2.000 deportistas de toda España convivirán con bailaríns de países como Italia, Arxentina ou Estados Unidos.

Artigos relacionados

Back to top button