
Hoxe luns 7 de novembro ás 20:30 horas, comeza a 37ª edición da liga local de fútbol sala de Verín, organizada, por segunda tempada consecutiva, pola delegación ourensá da Federación Galega de F. Sala co patrocinio de Augas de Cabreiroá e a colaboración do Concello de Verín.
Todos os partidos da liga desenvolveranse, de luns a xoves, no Pavillón Municipal de Deportes, dende as oito e media da tarde en diante e participarán 16 equipos divididos en dúas categorías.
Na primeira división competirán oito equipos: Bar do Lito/Escave SL, Támega FS, Cafetería Canastra FS, Adegas Ladairo O Rosal FS, Master Carrasco FS, Mezgudi do Birlo FS, Mixós/Pousa FS e Vos Xabalíns Laza FS.
Na segunda división xogarán outros oito planteis: Escavacións Dosantos/Adega Abeledos/Armería Branco FS, A Palleira FS, D’outlet/Superclub FS, Gandainas FS, Abrea Cuquejo FS, Oímbra B FS, Xaba Medeiros FS e Grupo Teiba FS.



