CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Arranca no Campiño de Viloira (O Barco) o torneo de fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup 2022’

 

Na tarde deste mércores 15 de xuño, arrancaba no Campiño de Viloira a ‘Valdeorras Perullo Cup’ 2022, o torneo de fútbol 7 organizado polo Centro de Deportes Barco que dende hoxe e ata o domingo reunirá a uns 35 equipos.

A maioría proceden da Rúa e do Barco pero tamén os hai doutros puntos da comarca como  Sobradelo, Córgomo ou Vilamartín, así como de Viana, de Trives, do Bierzo, de Rivadavia e de Ourense, entre outros.

Distribuídos por grupos e categorías, os primeiros en xogar eran os alevíns (no campo 1) e os benxamíns (campo 2), seguidos por numeroso público que, malia as altas temperaturas, aguantaban estoicamente o sol e o calor para ver xogar aos pequenos.

Os partidos sucederanse mañá e pasado en horario de tarde. Na fin de semana o horario ampliarase tamén á mañá estando previstas as finais benxamín, infantil e alevín celebraranse o sábado pola tarde, quedando para o domingo pola tarde as finais perbenxamín, cadete e xuvenil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button