A quiroguesa Carolina Camino é unha das adestradoras do programa deportivo que se desenvolverá ata o 23 de agosto en Monforte
Cun total de 61 xogadores (nenas e nenos) de entre 7 e 16 anos, arrancaba na mañá do 19 de agosto o IV Campus de Voleibol Ribeira Sacra que se estenderá ata o día 23.
O programa deportivo, organizado polo CV Ribeira Sacra, desenvólvese no pavillón das Pinguelas en Monforte de Lemos e conta cun amplo equipo de adestradoras internacionais e do propio club, coordinados por Manolo Martínez, entre as que figuran a actual adestradora de categorías inferiores do Ribeira Sacra Yoraxi Meleán e a xogadora internacional Carolina Camino.
Fotos cedidas.