CD RúaDeportesEn portadaFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Arranca o IV Campus de Fútbol de Verán da Rúa

Uns 50 cativos asisten a esta edición que se celebrará en tres semanas

 

Apenas unhas semana despois de que os prebenxamíns e os benxamíns do CD Rúa levantasen as copas de campións de liga, arranca no campo Vicente Solarat Maceda a IV edición do Campus de Fútbol de Verán organizado polo club rues coa colaboración do Concello da Rúa e da Deputación de Ourense, no ao que asisten medio cento de cativos.

Este ano, en lugar de dúas semanas como nas anteriores edicións, serán tres as semanas que poderán desfrutar do campamento os cativos inscritos: do 5 ao 9; do 12 ao 16; e do 19 ao 23 de xullo, en horario de 10 a 14 horas.

Pensado para nenos e nenas de 3 a 16 anos, na mañá deste 5 de xullo poñíase en marcha a primeira semana, cos pequenos distribuídos en cinco grupos de idade, coas medidas preventivas anticovid e con dous monitores por grupo. Dende hoxe e ata o venres, os inscritos poderán aprender técnica e táctica futbolística pero sobre todo xogar ao fútbol fomentando valores coma o compañeirismo ou a deportividade.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button