OurenseÚltima hora

Arranca a XXXIII Olimpiada Galega de Química

As probas de selección en Ourense celebraranse o 18 de marzo, na Facultade de Ciencias

12494752_737440486391312_5342833492356793453_n

A XXXIII Olimpiada Galega de Química 2016 xa está en marcha. A través dela, a Asociación de Químicos de Galicia (ANQUE) e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia buscan aos mellores alumnos en química dos centros educativos de toda Galicia, coas probas que se celebrarán o venres 18 de marzo nas cidades da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo.

As probas na cidade de Ourense celebraranse na Facultade de Ciencias (As Lagoas) a partires das 16:30 horas, e consistirá en dous exercicios. O primero, de 16:30 a 17:30 horas, abordará a resolución de cuestións de tipo test. O segundo exercicio, de 18 a 19 horas, plantexará a interpretación dun suposto práctico de laboratorio. Tal como explican dende a organización, a temática da proba versará sobre aspectos da química que figuren nos “Deseños Curriculares Base do Bacharelato de Galicia, nas materias de Física e Química de 1º curso e de Química de 2º curso”.

Un tribunal único para todas as demarcacións universitarias evaluará os exercicios e proclamará os vencedores. Os alumnos clasificados nos tres primeiros postos por cada un dos distritos universitarios (A Coruña, Santiago e Vigo) recibirán un diploma acreditativo. A entrega de diplomas aos gañadores realizarase nun acto público en lugar e data que se indicará oportunamente.

Para más información:  www.colquiga.org

Artigos relacionados

Back to top button