OurenseÚltima hora

Arrinca a XXVIII edición da Feira de Artesanía de Ourense

 

Na mañá deste sábado 26 de abril o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na inauguración da XXVIII Feira de Artesanía, que se celebra no Parque de San Lázaro ata o domingo 4 de maio. O evento está organizado pola Asociación de Artesáns de Ourense e conta coa colaboración da Xunta.

Gabriel Alén, destacou o valor deste tipo de actividades de comercialización e de divulgación dos nosos oficios artesanais na posta en valor da marca Artesanía de Galicia e na dinamización comercial e cultural das nosas vilas e cidades.

Nesta edición participan como expositores 10 obradoiros de Artesanía de Galicia especializados na xoiería, na bixutería, no manipulado de papel e no téxtil, en concreto, Paznavas (A Coruña), Amorei (Soutomaior), Mario López (Xoiería), Suso Calo – Lobo Tolo (Moaña), Luciérnaga (Barbadás), Chueco (A Coruña), Silvereira (Ames), María Aba (Ourense) e A Sariña Maquinando (Lugo).

 

 

Na programación deste ano inclúense tamén obradoiros de diferentes oficios, entre os que se atopa o de cestería que hoxe imparte Julia de la Cal, de La Parabólica, gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2024. Mañá domingo celebrarase un obradoiro de arte en papel a cargo de Mioco, o venres 2 de maio Marcos Domato amosará como se constrúe unha guitarra clásica, o sábado 3 Minia Banet de Variopinto impartirá un obradoiro de bordado sobre fotografía en papel, e o domingo 4, Sonia Álvarez de Olueis ofrecerá un obradoiro de arranxos florais.

O horario de apertura da feira é de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas, e na programación de actividades inclúense tamén actuacións musicais e un sorteo diario de pezas artesás.

Artigos relacionados

Back to top button