OurenseÚltima hora

‘Art Reflections’ a nova colección cápsula de Roberto Verino que fusiona tons azuis e crus

 

Inspiración, reflexo e reflexión constante. Estes 3 piares son o punto de saída da nova aposta de Roberto Verino co que comeza a súa estratexia de coleccións cápsula para esta primavera-verán. Baixo o nome ‘Art Reflections, o creador verinés sincérase acerca dos pasos que seguen no exercicio creativo ao desenvolver unha colección.

“Art reflections é unha oda ao traballo dos deseñadores, que buscamos traspasar conciencias e fronteiras con cada colección. O meu pensamento adoita ser sobrio e repousado, del saen cortes e formas suaves que se fusionan coa expresividade de cores como o azul, o cru ou o amarelo”, asegura Roberto Verino.

 

 

A firma galega lanza esta cápsula dentro do concepto anual “Eloxio á forma que se concibe como unha reivindicación, como unha maneira de devolver á forma o seu valor estético, funcional e a súa importancia simbólica”. Podémolo observar nas pezas de xastrería lixeiramente axustadas ao corpo que convidan a abandonar ese espírito desenfadado das tendencias oversize, en pezas de vestir para momentos especiais que queren deixar atrás a excesiva informalidade e nos looks sport de gran elegancia que non perden a comodidade. En definitiva, “trazos que nos falan dunha aposta pola moda atemporal de corte contemporáneo que recupera con forza o bo costume do vestir ben e o estilo elegante que contaxia beleza”, din dende a firma verinesa.

 

 

O espírito de ‘Art Reflections’ nace dunha mirada atenta á arte como fonte de inspiración para a creación de pezas artísticas. Roberto Verino, aposta por unha colección sobria e repousada, con cortes e formas suaves fusionadas coa expresividade do azul, o cru ou o amarelo. Conxuntos en deseño príncipe de gales, traxes en crepé ou blusas vaporosas son algunhas das pezas que compoñen esta colección cápsula.

Fotos: Roberto Verino.

Artigos relacionados

Back to top button