CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Arteficial”, a romaría da música no casco histórico de Ribadavia

Esta undécima edición conta con 11 actuacións de música en directo, artesanía e gastronomía
Nuria Álvarez, Rosendo Fernández, Manuel Araujo e Rafa Otero.

A XI edición do “Festival Arteficial” enche de música e gastronomía o conxunto histórico de Ribadavia.

Este festival, que chega á súa undécima edición, é entendido agora mesmo como “a romaría da música alternativa do barrio da Madalena, sinalou o presidente da Asociación Arteficial, Rafa Otero, na presentación de onte, 1 de setembro, na Deputación, á que acudiron o vicepresidente provincial, Rosendo Fernández, e os membros da Asociación Arteficial, o propio Rafa Otero, Manuel Araújo e Nuria Álvarez.

O evento conta con 11 actuacións de música en directo e arrancou cara ás doce e media do mediodía e desenvólvese ao longo dos diferentes espazos do conxunto histórico da vila de Ribadavia, sendo o escenario principal o barrio da Madalena.

O festival comezou co Encontro da Asociación de Profesionais Galegos da Xestión Cultural que “nos convida a participa no se banco de boas prácticas e innovación no eido da xestión cultural, que supón un recoñecemento que vén a paliar as dificultades coas que nos atopamos como asociación”, sinalou Rafa Otero.

Outra das actividades que acolle esta celebración é o “Mercado das Sementes” onde están presentes trece artesáns galegos de diferentes disciplinas artísticas: téxtil, bixutería, impresión 3D, entre outras.

A entrada deste festival é gratuíta pero a xente pode colaborar cunha entrada solidaria en favor da Cruz Vermella, que tamén está presente no festival. Tamén contan cun espazo dedicado á gastronomía con postos de comida tradicional e “food trucks”.

Artigos relacionados

Back to top button