OurenseÚltima hora

As actuacións de Lucía Pérez, De Vacas e Fanfarria Taquikardia, entre as popostas do Verán Cultural de Ourense

O programa arranca este xoves 5 de xullo ás 22:30h. na praza de San Martiño
O grupo de versións De Vacas, nunha actuación no Barco de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

Por cuarto ano consecutivo, a praza de San Martiño acollerá cada xoves ás 22:30 horas -agás o concerto de Xoán Curiel, o venres 7- e de balde a proposta de lecer para o verán da Concellería de Cultura de Ourense.

O Verán Cultural 2018 foi presentado pola concelleira Belén Iglesias e polo programador do Auditorio, Manuel Freire, quen quixo salientar as grandes doses de humor de Malasombra, a única actuación teatral entre todas as musicais, ou a calidade de propostas de pequeno formato, como Happy Gospel ou De Vacas, que repiten despois do éxito de público do ano pasado. Entre as novidades, están os sons cubanos do Trío Siboney ou o elemento festeiro achegado por Fanfarria Taquikardia e por A banda da Loba, grupo de versións integrado por mulleres.

Así un total de 12 grupos, dous deles locais (Guezos e MCarballo), compoñen o programa do Verán Cultural, que comeza este xoves, 5 de xullo, coa eurovisiva Lucía Pérez.

 

Cartel coa programación do verán cultural.

 

Artigos relacionados

Back to top button