ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As alfombras florais vestirán o casco vello do Barco

O domingo 7 de xuño celebrarase a procesión do Corpus a partires das 12h.

Como cada ano, o domingo de Corpus as alfombras de flores decorarán as rúas de moitos pobos ao paso do Santísimo. O Barco de Valdeorras é un claro exemplo e na mañá do 7 de xuño o casco vello vestirase de cor para recibir á procesión que sairá ás 12h. dende a igrexa de Santa Rita percorrendo boa parte do pobo cos nenos da Primeira Comunión á cabeza.

Coma sempre é a asociación de veciños Porto da Barca, a que se encarga de coordinar a elaboración dos mantos florais (reparto de material como sal, tinte, serrado e flores, así como a distribución por zonas e reparto de chocolate con churros para os traballadores), un dos actos máis representativos e destacados que se levan a cabo na zona vella da vila.

Os traballos comezarán xa hoxe pola tarde nos baixos dos edificios e continuarán mañá para deixalo todo preparado e na madrugada do domingo elaborar as alfombras para que luzan perfectas ao paso comitiva.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button