En portadaÚltima hora

Ábrese o prazo das axudas para a rehabilitación de vivendas na ARI da Ribeira Sacra

A contía das subvencións pode chegar aos 25.000 euros por vivenda e deberá tramitarse ante o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)

As axudas para a rehabilitación da área de rehabilitación integral (ARI) da Ribeira Sacra poderanse solicitar a partir de mañá, venres 3 de xullo. Comprende un total de 25 concellos das provincias de Lugo e Ourense (Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadanedo).

 

A Praza do Pilón de Trives. Foto: Carlos G. Hervella.

 

O importe total das axudas pode chegar a acadar os 25.000 euros por vivenda no caso de rehabilitación, e os 34.000 euros por vivenda no caso de construción de novas vivendas en substitución doutras xa existentes ou para atender casos de chabolismo ou infravivenda.

Deste xeito, o primeiro paso que debe dar quen desexe solicitar unha subvención na ARI da Ribeira Sacra é tramitar ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a cualificación provisional da rehabilitación que vai realizar. É imprescindible facer a solicitude antes do remate das obras e que as mesmas non foran iniciadas antes do 1 de xaneiro do ano en que se solicite a devandita cualificación.

Así, poderán beneficiarse destas axudas “as persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas, comunidades de persoas propietarias e agrupacións de comunidades de persoas propietarias, agrupacións de persoas propietarias ou administracións públicas con competencias no ámbito da ARI”.

Artigos relacionados

Back to top button