OurenseÚltima hora

As bicicletas tomarán as rúas de Ourense o domingo 23 de setembro

A saída desta 34 edición do “Día da Bici” será ás 12 horas diante da Alameda
Presentación do “Día da Bici” na Deputación de Ourense.

Baixo o lema “La Bici te da vida ¡úsala!” as rúas de Ourense acollerán o domingo 23 de setembro unha nova edición do “Día da Bici”, un dos eventos lúdico-deportivos familiares máis multitudinario e de máis arraigo en Ourense, que reúne a miles de persoas desde o ano 1984 fomentando o iso deste medio de transporte saudable.

Como noutras edicións, a actividade comezará ás 12 horas diante da Alameda de Ourense e realizará o itinerario por: Marcelo Macías, avenida de Portugal, Ervedelo, Progreso, Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Gómez Franqueira, Río Arnoia, avenida de Santiago, avenida das Caldas, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Sáenz Díez, Don Bosco, Progreso e remate novamente na Alameda.

As inscricións poden realizarse na carpa situada na rúa do Paseo, fronte ao centro cultural José Ángel Valente ou en Ciclos Moure.

Artigos relacionados

Back to top button