A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

As chuvias provocan desbordamentos na Rúa

 

Tamén na Rúa se notan os efectos da crecida dos ríos na comarca de Valdeorras. Tralas intensas chuvias caídas durante a tarde e noite pasadas, a parte máis baixa da localidade ruesa, amencía cuberta de auga. Leiras, estradas e mesmo accesos a edificacións víanse seriamente afectadas. De feito a media mañá o paso baixo o túnel da vía, preto da Oficina de Correos, permanecía inaccesible pola auga.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button